Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carolina Sertal recibe a Mención de Honra nos premios “Somos Esenciais”

IMG-20240614-WA0003

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de galardoar á xornalista Carolina Sertal Souto (Redondela) polo seu traballo na reportaxe “Bebés roubados, entre o silencio e a impunidade”, aparecida en febreiro de 2023 na revista Luzes, que trata a trama do roubo de bebés durante o réxime franquista.

No marco do IV Premio Somos Esenciais, convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, en colaboración con Gadis, a reportaxe “Bebés roubados, entre o silencio e a impunidade”, publicada na Revista Luzes en febreiro de 2023 acadou a Mención de Honra, segundo destacou o xurado, “polo seu alto valor social”, ao abordar o roubo de bebés en Galicia durante a ditadura franquista, en concreto, relatando casos acontecidos na antiga Residencia Sanitaria Almirante Vierna, logo Hospital Xeral.

O Premio de Xornalismo “Somos Esenciais”, recoñece o labor dos e das profesionais da comunicación e a información social como vehículo condutor entre o que pasa na sociedade e a cidadanía, dando voz aos problemas dos axentes sociais e aos efectos que causan.  Os membros do xurado quixeron sinalar explicitamente a calidade dos 21 traballos presentados nesta edición do premio, que “confirman a necesidade de manter nos medios un espazo para a información social” e consolidan un premio que chega, con esta, á súa cuarta edición.

Na cuarta edición deste certame resultou gañadora Alba Chao, pola reportaxe “Pornografía en la red, la mayor escuela de desigualdad y misoginia”, publicada no xornal Faro de Vigo. O xurado decidiu conceder tamén unha mención de honra a “Bebés roubados, entre o silencio e a impunidade”, un traballo de Carolina Sertal para a revista Luzes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará