Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre en Soutomaior
A celebración da I Semana Grande de Soutomaior continúa despois dunha fin de semana de actividades nas que destacou a entrega, o sábado, das “chaves da festa” a persoa máis maior do concello e á máis nova. Hoxe luns 5 de agosto chegarán as verbenas a esta festa coa presenza dunha das cinco mellores orquestras de España
La Misión actuará a partir das 22:30 horas no Torreiro da Feira do Dez en Candán e ás 00:15 horas terá lugar o espectáculo Pirotécnico de luces. Dende o Concello de Soutomaior destacan que “será este, sen dúbida, un dos días grandes da festa”.
O martes haberá sesión vermú con `Balbuena & Seoane´ na contorna da Igrexa de San Salvador, para despois da paso ao concerto da banda Artística de Arcade ás 20:30 horas, tras a procesión. Pechará a xornada a verbena co directo da orquestra Cinema no Torreiro do Dez en Candán.
Na xornada do mércores 7 se despiden da I Semana Grande de Soutomaior coa Romaría de San Caetano e cunha sesión vermú na Ermida de San Caetano no Castelo de Soutomaior.