Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O club de natación abre prazo de inscrición para un mes de proba de balde

285129898_3210267792595870_5014331606634935507_n

O Club de Natación de Redondela quere amosar o seu potencial e instalacións a novos deportistas interesados en afiliarse ao círculo deportivo. Ofrecen setembro ou outubro como opción para probar un mes totalmente de balde e coñecer máis de preto aos seus adestradores e nadadores.

O obxectivo é lanzar unha proposta novidosa coincidindo co furor deportivo que traen os xogos olímpicos que se están a  celebrar en París. Desta forma dan visibilidade a un deporte menos coñecido no municipio e tamén ensinar as diferenzas de calidade técnica e aprendizaxe que pode aportar un club en comparación con nadar de forma libre.

Queren dar a coñecer o deporte e tamén promocionar o club, aberto a patrocinadores. Dende a directiva destacan os logros dos seus nadadores en campionatos galegos e nacionais nos que alcanzaron medallas durante toda a tempada. “Competir en natación é moito máis que nadar. É un aprendizaxe para a vida e a pesar de competir de forma individual se adestra en comunidade e pode levar a moi boas experiencias en convivencia”, conclúen dende a directiva do club.

A inscrición podo facerse a través do teléfono 615 94 44 96 ou no enderezo electrónico club_cnr@hotmail.com escollendo entre o mes de setembro ou outubro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará