O suceso aconteceu a noite do sábado, sobre as 04:30 horas da madrugada. O condutor foi quen alertou ao 112 Galicia do acontecido e segundo a mesma fonte “chamou explicando que quedara durmido ao volante e tras unha saída de vía chocou contra unha casa situada na subida cara Reboreda a altura do número 123. Non houbo feridos e non precisou de asistencia sanitaria. A colisión foi tan violenta que o turismo acabou no interior da cociña da vivenda. A sorte foi que estaba deshabitada.
O 112 informou á Policía Local de Redondela, Protección Civil de Redondela e Garda Civil. Os axentes da Garda Civil fixéronse cargo da instrución e o resto de medios desprazados colaboraron no lugar do accidente.