Hoxe é Mércores 23 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía Nacional visita os campamentos de conciliación para ensinar seguridade viaria

Visita Policía Campamentos

Os nenos e nenas que participan nos campamentos municipais de Conciliación están a recibir a visita da Policía Nacional para que os máis pequenos aprendan nocións básicas de seguridade viaria e coñezan as actividades desenvolvidas pola Policía Nacional.

Desde o departamento de Participación Cidadá da Policía Nacional están a organizarse visitas aos campamentos municipais de Conciliación. Estas visitas, organizadas en colaboración co Concello de Redondela, teñen como obxectivo que nenos e nenas aprendan nocións de seguridade viaria e coñezan as actividades desenvolvidas pola Policía Nacional. Os axentes visitan os campamentos cos seus vehículos oficiais, tanto coche como moto, e a rapazada pode subir a eles e coñecer como funcionan.

Os campamentos, para a rapazada de 3 a 12 anos de idade, realízanse no CEIP Porto Cabeiro, CEIP de Cedeira, CEIP Outeiro das Penas, CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Quintela, SLC de Reboreda e no Conservatorio Municipal de Redondela. Deste xeito o Concello “aposta por achegar os servizos a toda a veciñanza, tanto na vila como nas parroquias, para facilitar o acceso aos campamentos e reducir os desprazamentos das familias”.

A alcaldesa, Digna Rivas, visitou o curso que se impartiu no campamento do CEIP de Cedeira xunto coa concelleira de Interior e Seguridade, Rita Pérez Táboas. A rexedora agradeceu a colaboración da Policía Nacional e salientou a importancia da dar esta formación aos máis pequenos “porque dun xeito lúdico aprenden as nocións básicas sobre circulación e seguridade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará