Unha unidade móbil desprázase do 8 ao 10 de agosto a Redondela e o 12 de agosto a Alameda de Rosalía de Castro en Chapela. Unha vez máis solicitan a colaboración cidadá para manter as súas reservas.
Así, todos os que o desexen poden facer as súas doazóns na unidade móbil que estará ubicada ao carón do concello do xoves 8 de agosto ao 10 en horario de mañá de 10:00 a 14:00 e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas. O sábado o horario será exclusivamente de mañá dende as 10:00 ata as 15:00 horas.
Para doar sangue so é preciso ter máis de 18 anos e pesar máis de 50 kilos, levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar Informe ao médico se está a tomar algún medicamento. Hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas.
Así mesmo, dispoñen dun teléfono de información gratuíto para consultar dúbidas sobre a doazón de sangue e tamén sobre a localización das unidades móbiles que realizan as campañas de doazón (900 10 08 28).
REDONDELA: UNIDADE MÓBIL PRAZA RIBADAVIA
- Xoves, 8 de agosto 16:00 a 21:00 horas
- Venres, 9 de agosto 10:00 a 14:00 e 16:00 a 21:00 horas
- Sábado, 10 de agosto 10:00 a 15:00 horas
CHAPELA: UNIDADE MÓBIL NA ALAMEDA
- Luns, 12 de agosto 15:30 a 21:00 horas