Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior e Pazos incorporan unha educadora familiar aos seus centros de benestar integral

Imagem WhatsApp 2024-08-01 às 13.36.04_0bfdd304

O Goberno de Soutomaior conseguiu unha subvención de 7.500 euros que lle permite incorporar este servizo, que compartirá con Pazos de Borbén.

O Concello de Soutomaior e o Concello de Pazos contan desde hoxe cunha educadora familiar no seu Centro de Benestar Integral, que se suma aos Servizos Sociais e ao Centro de Información da Muller (CIM) para axudar as persoas vulnerables ou en risco de exclusión social co fin prestarlles apoio emocional e intervir na comunidade, ampliando así as accións municipais enfocadas ao benestar social.

Esta incorporación é posible grazas a que o Goberno de Soutomaior fixo uso dunha subvención da Deputación de Pontevedra por valor de 7.500 euros á que, segundo sinalan dende o goberno local, “o anterior equipo de Goberno renunciaba cada ano de maneira sistemática”. A educadora familiar tamén desempeñará funcións no Concello de Pazos de Borbén, despois de que o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e o de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asinasen un convenio de colaboración.

Ademais dos fondos obtidos coas senllas subvencións conseguidas polos concellos, Soutomaior e Pazos de Borbén tamén investirán fondos municipais para que os veciños e as veciñas poidan ter acceso a este servizo tan necesario. Soutomaior achegará un 60%, mentres que Pazos de Borbén farase cargo do 40% restante. Estas porcentaxes estipúlanse pola prestación de servizos que a educadora familiar dará en cada concello, xa que estará tres días á semana en Soutomaior e dous días á semana en Pazos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará