A terceira cita do Nacional de Supermoto disputouse en Tubilla de Lago, Burgos, nas instalacións do Circuito de Kotarr. Alí, o piloto redondelán logrou unha esmagadora vitoria na proba .Théo Gourdon non puido competir por unha caída.
A última proba do campionato de España celebrarase en Villena (Valencia) os próximos días seis e sete de setembro onde o de Reboreda poderá afianzarse como Campión de España, despois de lograr o pasado mes de xuño ser subcampión de Europa.