Hoxe é Martes 24 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta promociona en Redondela as prazas de abastos

prazas

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou o mercado de Redondela para impulsar a convocatoria de axudas a estes espazos dotadas cun orzamento de 1.280.000 euros e cuxo prazo de solicitude remata o vindeiro luns 19 de agosto. Unhas achegas que buscan potenciar as prazas de abastos e mercados e transformalos en Mercados Excelentes, vertebradores do territorio e xeradores de riqueza e emprego.
Con estas axudas, búscase posibilitar actuacións que sirvan para fomentar a mellora deste tipo de instalacións, atender as necesidades de comerciantes e clientes, aproveitar a situación estratéxica dos mercados nas cidades e vilas e potenciar estes espazos como o mellor escaparate do produto galego agroalimentario de calidade, ademais da súa capacidade de dinamización comercial e turística.
Tamén se persegue vencellar as prazas de abastos a valores como a sustentabilidade, a protección do medio, o trato personalizado e o compromiso coa sociedade, así como mellorar a súa accesibilidade, acadar a súa modernización e dixitalización e incrementar os servizos que prestan, favorecendo a coordinación cos centros comerciais abertos.
Detalles da convocatoria
No marco das axudas a concellos, hai achegas tanto para os que xa conten co selo de “Mercados excelentes” así como para os que o queiran implantar. Así, os municipios que xa conten con esa figura poderán recibir axudas para accións enfocadas ao mantemento e mellora deste estándar de calidade, ademais de, como novidade, desenvolver campañas de dinamización comercial cun investimento máximo de 10.000 euros e para o deseño da imaxe corporativa do mercado. Mentres, as prazas de abastos que non sexan aínda Mercado Excelente poderán sufragar accións de mentoring e de formación dos praceiros e praceiras, de consultoría especializada, de diagnose da situación e usos do mercado ou a elaboración da documentación necesaria para levar a cabo as actuacións destinadas a acadar o selo, entre outras actuacións.
Nesta mesma liña, nas axudas a municipios hai dúas liñas máis de achegas, destinadas a adquisición de equipamento e eficiencia enerxética. Canto ás asociacións de prazas de abastos e mercados, financiaránselles actuacións de dinamización e revitalización no marco de proxectos de incentivación da demanda e do consumo ou mantemento dos marketplace, na mesma liña que no relativo ás federacións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará