As mozas do Chapela Wofco lideran a categoría nunha liga na que as remeiras do Cesantes Amegrove, ocupan un máis que meritorio segundo posto. As de Chapela serán campioas se logran a vitoria a vindeira fin de semana en Boiro. Na liga A, Chapela da a batalla nunhca competición liderada por Ares
As mozas do Club de remo de Chapela amosaron o seu poderío logrando unha contuntende vitoria na IX bandeira feminina Concello de Oleiros. Unha tripulación consolidada que amosou a súa extraordinaria superioridade nunha proba na que a tripulación do Cesantes Amegrove Cefycal loitou todo o que puido clasificándose en segundo lugar. O equipo de Cesantes loitou pero non puido coas de Chapela do mesmo xeito que o terceiro clasificado, o club de Rianxo. Foron os únicos equipos en baixar o cronómetro dos 25 minutos.
A tripulación de Chapela lidera a clasificación xeral con 48 puntos, seguido de Cesantes con 42 e de Rianxo, que se atopa xa moi afastado con 29 puntos.
Na liga A, Chapela da a batalla nunha competición liderada por Ares
A falta de tres regatas para concluir a Liga galega de traiñeiras, a tripulación do club de remo de Chapela continúa pelexando ante un Ares que non perdoa. Os coruñeses lograron facerse coa XVII Badeira Concello de Ares achegándose un pouco máis a súa vitoria na Liga A, mentres que os de Chapela lograron o segundo posto nunha proba que contou cos 12 equipos que integran esta serie, na que compiten as mellores tripulacións das traiñeiras galegas e na que está presente tamén o Club Cesantes Rodavigo, malia que cuns resultados máis modestos.
A tripulación do club de remo de Ares lidera a clasificación con 119 puntos, seguida de Chapela Wofco con 104 e Tirán Pereira con 102.
As próximas regatas serán en Muros, Cabo de Cruz e Teresa Herrera e, salvo sorpresa de última hora, todo apunta a que o actual lider manterá a posición e converterase no campión desta tempada.