O home, de 33 anos de idade, foi localizado na casa da súa ex parella a onde acudira na madrugada do domingo en actitude agresiva polo que a muller chamou a Policía Local. Unha vez no lugar os axentes procederon a súa detención tras comprobar que tiña vixente unha orde de ingreso en prisión.
Axentes da policía local procedían á detención deste veciño de Santa Mariña tras seren alertados por unha muller de que a súa ex parella se atopaba no seu domicilio en estado agresivo. Unha vez no lugar, procederon a súa identificación comprobado que tiña unha orde de busca e captura xa que saíra do cárcere cun permiso penitenciario pero non regresara unha vez rematado o mesmo.
Os axentes procederon a súa detención e traslado a comisaría nunha intervención na que participou tamén un vehículo da Policía Nacional.