Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello abre un expediente sancionador a  unha empresa por un vertido en Quintela

restos poda

O expediente abriuse logo de apareceren restos de aceite, pinturas e aresois ademais de numerosa documentación o pasado 1 de agosto nas inmediacións do cemiterio de Mañó. A Policía investiga este vertido ilegal e dende o concello xa abriron un expediente contra os presuntos autores deste feito. Dende a concellería de Infraestruturas e Sostibilidade lembran as existencia dun número de teléfono (986 388 111) para a recollida de residuos voluminosos e pide á cidadanía un uso “responsable” do servizo.

En concreto, o concelleiro Roberto Villar lembra que non poden botarse nos colectores do lixo residuos como herba, restos de poda ou rozas e advirte que depositar este tipo de restos vexetais nos colectores está prohibido con sancións que van desde os 150 ata os 3.000 euros de multa.

Por ese motivo fan un chamamento a un uso responsable do servizo de recollida de residuos evitando botar nos colectores residuos como herba, restos de poda ou rozas “algo habitual nas épocas de poda ou coincidindo coas vacacións estivais, uns restos vexetais que desbordan os colectores e impiden o bo funcionamento do servizo de recollida”.

Outro problema co que se atopa o servizo de recollida de residuos é que “non se respectan os horarios para depositar o lixo nos colectores, o que provoca malos cheiros”. O horario establecido é das 21.00 ás 23.00 horas os días de recollida establecidos en cada zona.

Finalmente reitera a existencia dun servizo de residuos de voluminosos con cita previa “existe un número de atención da empresa Urbaser onde se lle indicará o día e a hora na que pasarán a recoller este tipo de residuos. O servizo funciona “porta a porta” cun sistema moi sinxelo para os usuarios. Tan só é preciso chamar ao teléfono 986 388 111, en horario de 9.00 a 14.00 horas, e se lle informará do día e lugar no que pode depositar colchóns, mobles e outros tipo de residuos de gran envergadura”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará