Hoxe é Luns 23 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carla Abad Alonso recibe o recoñecemento “Orgullo redondelán”

Carla Abad

O Concello de Redondela acolleu este mediodía a recepción á deportista Carla Abad Alonso. A deportista acadou esta temporada grandes éxitos a nivel internacional no Campionato de Europa de Balonmán. Hoxe recibiu o diploma “Orgullo redondelán” e a insignia do Concello de mans da alcaldesa, Digna Rivas, e do concelleiro de Deportes, Iván Valles, como “recoñecemento e homenaxe” polo seu traballo e méritos deportivos.

Para a alcaldesa é “un luxo” que este municipio conte con deportistas “ao máis alto nivel no Balonmán” . Carla Abad foi Campioa de Europa U18 Masculino, Campioa do Mundo U19 Masculino e Campioa de Europa U20 Masculino coa Selección española, entre outros moitos méritos deportivos.

Unha muller moi presente e querida no deporte local xa que é a Coordinadora da Sección Feminina do Club SAR Balonmán de Redondela así como Vicepresidenta da Federación Galega de Balonmán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará