A parroquia de Cedeira acolle os días 17, 18 e 20 de agosto as celebracións parroquias na honra de san Bernardo e san Roque. Tres días de festa con verbenas, actos relixiosos e actividades para os cativos.
As celebración comezarán o día 17 as cinco da tarde con pasarrúas a cargo da banda de gaitas e percusión Foulas. A música nocturna correrá a cargo das orquestras Arena e la Conexión.
Ao día seguinte, o domingo 18, aos actos relixiosos ás doce do mediodía arrancan a xornada cunha procesión acompañada polo gurpo de gaitas asubíos de Porta Cedeira. A partir das cinco haberá xogos para nenos e nenas no recinto da festa e verbena nocturna co Millenium e Acordes.
O día 20, día de San Bernardo, as actividades comezarán as dez con pasarrúas a cargo da banda Cultural de Barro. Haberá tamén misa solemne cantada pola coral A Raiña de Cedeira e a partir das dez da noite verbena amenizada polo Trío Azar.