A traiñeiras feminina de Chapela confirmaba este domingo a súa vitoria nunha liga na que se amosaron moi por riba dos seus rivais, nunha competición na que Cesantes foi unha máis que digna segunda clasificada. Na categoría masculina a embarcación gañadora foi a de Ares mentres que Chapela tivo que conformarse co segundo posto.
As remeiras do Chapela Wofco amosáronse imbatibles nunha competición na que gañaron todas as regatas menos unhas. Onte tamén se fixeron coa vitoria na I Bandeira Feminina de Empresas CRC, sendo o único equipo que logrou rematar o percorrido en menos de 24 minutos. Con 55 puntos proclamáronse campioas da liga feminina seguidas por Cesantes Amegrove Cafycal con 46 puntos e Salgado Perillo con 34.
Na categoría masculina Ares tamén confirmou onte a súa vitoria na liga cunha nova vitoria neste caso na X bandeira de Cabo de Cruz. A súa superioridade foi evidente dende a primeira virada con 7 segundos sobre Tirán Pereira e Chapela Wofco que nada puideron facer ante os coruñeses.
Con este triunfo de Chapela-Wofco e Ares, proclámanse campións da Liga Galega feminina e masculina respectivamente a falta da última regata, o trofeo Teresa Herrera da próxima fin de semana. Son xa campións matematicamente e agora tratarán de facerse un oco na Liga ACT nos play-0ff.