Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior pon en valor a toponimia tradicional coa restauración das placas de pedra

IMAXE PLACA ARRANXADA

O Goberno de Soutomaior vén de iniciar os traballos para a restauración de todas as placas de pedra con toponimia existentes no concello. Trátase de placas serigrafiadas coa toponimia dos barrios, colocadas durante os mandatos de Fernando Pereira (1979-1995) e que na actualidade se atopan nun estado de deterioro moi avanzado, debido a que non se levou a cabo ningún labor de mantemento nos últimos anos.

Os traballos consisten no limpado e restauración das placas de pedra e no repintado das serigrafías cos topónimos retomando así o traballo feito polo que fora alcalde Fernando Pereira para recuperar a tradición dos barrios de Soutomaior. Neste sentido o alcalde, Manu Lourenzo, salientou que as placas “levan anos sen recibir ningún tipo de mantemento, polo que se atopan nun alto estado de deterioro e que serán recuperadas co obxecto de poñer en valor a toponimia tradicional dos barrios de Soutomaior”

Por outra parte, o alcalde Manu Lourenzo tamén lembrou que xa se iniciou a segunda quenda de desbroces polos barrios do concello. “Sabemos que é imposible chegar a todos os puntos de Soutomaior de maneira inmediata, pero pouco a pouco iremos chegando a todos os barrios e levaranse a cabo os desbroces e mantementos necesarios. Hoxe Soutomaior é un concello máis limpo e arranxando e seguimos traballando para que se manteña así”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará