Foto: Policía Local de Redondela
Os feitos producíanse as nove da noite do pasado venres e foi controlado e sufocado polos propios veciños da zona, segundo explican dende a Policía Local, quen tamén axudarons aos seus ocupantes a saír do turismo.
O condutor do vehículo, un veciño de Chapela de 49 anos explicou aos axentes que estaba a realizar unha manobra cando o vehículo comezou a arder. Ao producirse nunha zona forestal a rápida intervención veciñal impediu que o lume se propagase polas inmediacións co conseguinte risco de incendio.
Os feitos tiñan lugar na tarde do venres cando o 112 Galicia alertaba á Policía Local de Redondela dun vehículo con xente no seu interior que estaba a arder na zona de Vilar. Unha vez no lugar o lume estaba xa sufocado grazas á intervención da veciñanza que axudou tamén a saír aos seus ocupantes que resultaron ilesos. O propio condutor aclarou que estaba a realizar unha manobra tras quedarlle o vehículo na cuneta cando comezou o lume.
Mobilizáronse tamén os efectivos do GES de Mos.