Foto: Policía Local Redondela
Unha moza de 19 anos e un mozo de 18 perdían a vida nun accidente que se producía ao redor das 23:45 horas deste luns na curva da Pantalla baixo a ponte da vía do tren. A moto na que circulaban cara Pontevedra invadiu o carril contrario impactando contra un turismo e un camión do lixo que ían en dirección contraria.
A Policía Local de Redondela recibía unha chamada do 112 Galicia alertando da colisión entre varios vehículos á altura do kilómetrico 140 da N-550. Ao chegar ao lugar do sinistro comprobaron que se trataba dun accidente con tres vehículos implicados: unha moto, un turismo e un camión do lixo. Todo apunta a que a moto, unha Honda de 125 centrímetros cúblicos que circulaba en dirección Pontevedra e na que viaxaban as dúas persoas falecidas invadiu o carril contrario impactando contra o turismo e contra o camión.
A condutora da moto, unha moza de 19 anos veciña de Vigo, así como o seu acompañante de 18 anos faleceron a consecuencia do impacto. Os efectivos sanitarios do 061 nada puideron facer por salvarlles a vida. Os codutores do turismo e o camión resultaron ilesos e deron negativo nos tests de alcol e drogas.
A Garda Civil de tráfico fíxose cargo da investigación para esclarecer as causas do accidente nunha curva na que lamentablemente téñense producido numerosos sinistros nos últimos anos.