Hoxe é Domingo 22 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE de Redondela rexeita o incremento do canon de Sogama

lixo redondela

Os socialistas levarán ao próximo pleno unha moción na que instan á Xunta de Galicia “a que non suba o canon da xestión dos residuos”. reclaman que se manteña o prezo actual e que concedan axudas económicas aos concellos para a implantación da reciclaxe de biorresiduos.

Os socialistas levarán ao próximo pleno unha moción na que instan á Xunta de Galicia “a que non suba o canon da xestión dos residuos e que non obriguen a pagar á veciñanza e aos Concellos a deficiente xestión que fai de Sogama”. O grupo socialista lembra que SOGAMA estableceu en 2019 a bonificación do 10% no canon de lixo aos Concellos que se comprometeran a reducir o volume de lixo e envases lixeiros así coma a repercutir esta rebaixa nos recibos á veciñanza. Unha bonificación que no 2023 ampliouse a un 15% condicionada á implantación do contedor marrón e ao traslado aos recibos da rebaixa.

Con todo, o pasado mes de xuño SOGAMA anunciou a eliminación desta bonificación do canon para os meses que quedan de 2024 quedando a cantidade a abonar en 66,01 €/t para todos os Concellos e unha suba para 2025 de 78 €/t de media. E concretamente, o Concello de Redondela está pagando un canon de 88,05 euros por tonelada dende o mes de xullo ata o mes decembro.

O grupo municipal socialista denuncia esta situación e esixe ao goberno galego “que mude a súa política de xestión de residuos cara unha xestión descentralizada con plantas de proximidade, primando a redución e a reciclaxe fronte á incineración e o depósito en vertedoiros, axudando economicamente aos Concellos para a implantación do contedor marrón ou formas análogas de tratamento diferenciado dos residuos orgánicos”.

O grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Redondela solicitará o apoio do Pleno para instará Xunta de Galicia a manter o canon actual de 66,00 euros por cada tonelada de residuos domésticos xestionada, e tamén a actual bonificación do 15%. Tamén demandan axudas económicas ao Concello de Redondela para implantación de medidas que contribúan á reciclaxe dos biorresiduos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará