Os vigueses serán os encargados de pechar na noite de hoxe xoves o ciclo Blues and Rías que se veu desenvolvendo ao longo de verán no local Brisa Chiringo na praia de Cesantes e que xa ofreceu as actuacións de The Phantom Club ou The Mambas Negras.
Neste último concerto, a banda formada por Mauro Comesaña á batería, David Rodríguez ao baixo e Gabriel Mckenzie presentaran as cancións do seu disco “Space Opera” (Rock Cd, 2023), que lles levou a facer unha extensa xira pola xeografía española e a consolidarse como unha das bandas máis importantes que recolle a testemuña de sons hard rock e blues, cun son claramente influenciada por sons americanos e por grupos míticos como Pink Floyd, Led Zeppelin, Queen ou The Beatles.
Unha música que atrae a público de todas as idades “dende os máis cativos de tan só dez anos ata os 75”.
A pesar de que publicaron o seu LP no 2023, xa están en proceso de gravación do seu segundo longo, polo que cabe esperar que presenten algún adianto no concerto de hoxe. Unha cita que lles serve tamén para rememorar os seus primeiros concertos, xa que o propio cantante de Zalomon grass, Gabriel McKenzie, actuou no Brisa pouco despois de abrir as súas portas.
O concerto de hoxe será ás 21:30h cunha entrada única de 8 euros, que se poderá adquirir en despacho de billetes ou anticipada no propio local.