Hoxe é Domingo 22 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

80 alumnos de Bacharelato arrancarán o curso sen ter garantida unha praza no transporte escolar

transporte

A alcaldesa, Digna Rivas, e o concelleiro de Ensino, Iván Valles, trasladáronlle esta situación ao xefe territorial de Ensino César Pérez Ares, con quen mantiveron unha reunión na xornada de onte. O goberno local entende que é urxente dar resposta ás necesidades de transporte escolar dos institutos de Redondela, para que estes 80 alumnos e alumnas poidan contar con servizo de autobús para desprazarse aos seus centros educativos.

A Consellería confirmaron que xa trasladaron esta petición á Dirección Xeral de Mobilidade, responsable agora desta competencia para manter unha reunión urxente coa nova directora territorial, Blanca García-Señoráns. En todo caso, o Concello, traballa xa con outras alternativas “para garantir o transporte do alumnado de bacharelato desde as diferentes parroquias aos institutos”.

Investimentos en centro educativos

A Consellería confirmou que vai levar a cabo investimentos por máis de 2,6 millóns de euros en nove centros educativos de Primaria e Secundaria. As obras previstas son a reformas no EEI A Marisma por importe de 67.853 euros (fontanería, falsos teitos e luminarias), no CEIP Laredo por valor de 36.000 euros (luminarias), no CEIP Quintela por 48.000 euros (aseos) e no CEIP Reboreda por 310.579 euros (carpinterías e melloras varias).

No referente a Educación Secundaria, os investimentos serán no IES Illa de San Simón por importe de 69.195 euros (illamento térmico e acústico e instalación solar fotovoltaica), no IES Mendiño por 242.436 euros (instalacións térmicas) e no IES Pedro Floriani por 1.888.821 euros para a súa ampliación.

Durante a reunión falouse tamén sobre o convenio cos institutos do Concello para uso dos pavillóns polideportivos, a través do acordo coa Federación Galega de Municipios (FEGAMP), sobre as obras de reforma integral do CEIP Alexandre Bóveda. Desde o Concello demandan tamén obras de mellora para a eficiencia enerxética nos centros de Quintela e Cedeira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará