Hoxe é Domingo 22 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Caiac, ruta nocturna polo Fondón e observación das estrelas pechan o programa de Roteiros Ambientais

cielo

O programa que se ven desenvolvendo durante este mes de agosto chega ao seu remate na vindeira fin de semana con tres actividades que aínda están abertas ao público interesado: unha saía en caias para coñecer os segredos da Portela e a Enseada, unha ruta nocturna guiada polo río Fondón e unha actividade de observación do ceo nocturno en Ventosela. Para participar nestas actividades é preciso facer a inscrición previa na oficina de turismo, no teléfono 986 40 17 13 ou no enderezo electrónico turismo@redondela.gal.

A Concellería de turismo lembra que aínda quenda prazas para coñecer os segredos da Portela e a Enseada, nesta actividade de caiac que terá lugar o mércores 28 de agosto cun prezo de 20 euros pro persoa. Desenvolverase en horario de 10:30 a 13:30 e as persoas participantes coñeceran os fondos mariños, as pradeiras de zoosfera, achegaranse a IME e a zona da regasenda… outro xeito de coñecer a Portela dende o mar.

O venres 30 a proposta será unha ruta nocturna polo río Fondón. Os participantes partirán ás 21.30 horas do campo de fútbol de Trasmañó para facer un percorrido pola beira do río. Esta actividade, cultural e medioambiental, é de balde, e pode participar público de todas as idades. Un guía especializado explicará a riqueza medioambiental da zona e o seu patrimonio cultural e etnográfico. Visitarán os muíños ao longo do río e os petróglifos de Monte Penide, e poderán escoitar as lendas e costumes tradicionais relacionadas con este enclave.

A programación rematará o sábado 31 de agosto cunha actividade de observación do ceo nocturno para toda a familia. Será en horario de 21.30 a 23.00 horas na explanada ao carón do Centro Cultural A Miñoteira, en San Martiño de Ventosela, preto de Aldeas Infantís. e ten un prezo de 3 euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará