A concelleira deste departamento, Pilar Martínez, advirte que os excrementos e ouriños facilitan a transmisión de enfermidades, sobre todo en lugares de lecer, parques, paseos, ou zonas de xogo infantil e lembra que non recoller as deposicións dos animais pode carrexar multas de ata 750 euros para os infractores. Desde o Concello pídese a colaboración cidadá para identificar aos propietarios de animais que non cumpran coa normativa.
Martínez advirte que este problema “só pode resolverse coa concienciación e colaboración dos propietarios de mascotas”. No caso dos excrementos existe unha ordenanza municipal que obriga á súa recollida. En canto os ouriños, a concelleira sinala que se trata dun problema grave nalgunhas rúas do centro da vila, onde os residentes teñen que soportar malos cheiros nas entradas das súas vivendas “polo incivismo dunhas poucas persoas”.
Así pois preténdese sensibilizar ás persoas que teñen mascotas para que manteñan limpas as rúas e contribúan a preservar a contorna urbana. Os donos de cans deben levar unha botelliña con auga mesturada con vinagre, ou un produto de limpeza específico, para asperxer sobre os ouriños e diluílos. En todo caso, debe procurarse que os animas fagan as súas deposicións en zonas axeitadas “fóra de espazos de tránsito peonil ou de xogo, e afastados das entradas das vivendas ou comercios”.
Os excrementos deben recollerse sempre cunha bolsa plástica e depositala no colector correspondente. A concelleira lembra que non facelo pode carrexar multas de ata 750 euros para os infractores. Desde o Concello pídese a colaboración cidadá para identificar aos propietarios de animais que non cumpran coa normativa establecida.
Unha resposta
É quén vai multar, se a propia Policía Local de Redondela sube ao Facebook cans atopados sen microchip e non pasa nada, cando hai lexislación que esixe telos con microchip?