Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

30.000 persoas gozaron do XXV Entroido de Verán

456827039_122141515352273301_7025818401313383425_n

Foto de Josefa Calvar

O xa tradicional Entroido de Verán de Redondela, celebrado o pasado fin de semana, reuniu na localidade a máis de 30.000 persoas de todas as idades en diferentes puntos da vila. Tanto as actividades para o público infantil e familiar como a Gala Drag e os concertos de Javi Maneiro e Coti resultaron un éxito de participación.

A Concelleira de Cultura e Interior, Rita Pérez, fixo un balance positivo da celebración e destacou que as incidencias recollidas no Hospital de Campaña e Protección Civil foron mínimas tendo en conta a afluencia de xente que se achegou a Redondela. En total, no dispositivo conxunto de seguridade establecido entre a Policía Local e a Policía Nacional durante a xornada, rexistráronse dous detidos. Un deles foi detido por un presunto delito de lesións, e outro por un presunto roubo con violencia dun teléfono móbil. “O suceso máis grave foi o acontecido cando un mozo resultaba ferido por un arma branca, o presunto agresor foi detido tras os feitos que ocorreron pasada a unha da madrugada do domingo. O ferido atópase fora de perigo e a Policía Nacional xa está facéndose cargo da investigación”.  Tamén, nas oficinas da Policia Local depositáronse numerosos “obxectos perdidos” como carteiras, documentación, bolsos e teléfonos que poderán recoller os seus respectivos donos a partir de mañá.

“Cada ano temos menos incidencias e liortas, pero ogallá que algún día non haxe ningunha”, Rita Pérez.

A intención do Concello redondelán é ofrecer unha programación “que teña en conta tanto ao público infantil e familiar como á mocidade e público adulto, por iso os nenos teñen o seu propio espazo con actividades específicas”. As atraccións de auga e os inchables foron todo un éxito e centos de nenos puideron gozar de forma segura da xornada na Pista da Xunqueira e o aparcamento disuasorio de Vilavella.

“As actividades infantís foron un éxito”, Rita Pérez.

A partir das 21:00 horas deu comezo a Gala Drag na que o 1º premio foi para Ketty Ponn, dotado con 1.000 euros;  o 2º para  Ketty Pinn, dotado con 500 euros e o 3º para Morfeo Drag, dotado con 300 euros. O goberno local agradece aos patrocinadores que fa posible a gala: Opel Fimauto Redondela,  Kayak Ocio e  Brisa Chiringo. Cabe destacar tamén o papel da presentadora, Hurakán Bastida que foi  encargada de conducir a gala. É unha coreógrafa e artista madrileña con moito rodaxe no escenario e enerxía e así o demostrou no Campo da Feira ante milleiros de persoas e acompañada do músico e DJ local Rodri Vegas.

“A Gala Drag é unha das ofertas que temos que seguir fomentando e facer crecer”, Rita Pérez.

Ademais da aposta polos grupos locais e galegos con concertos de Uxía Lambona e Javi Maneiro, os picadiscos redondeláns Rodri Vegas, Carlos González, Borja Rúa e o porriñés Samu Peixe; o prato forte foi o concerto de Coti. O músico arxentino, coñecido en América Latina e España por temas como «Antes que ver el sol», «Nada fue un erro» o «Otra vez» é recoñecido en todo o mundo pola popularidade e a repercusión das súas cancións, con letras e melodías inesquecibles. Os Djs Samu Peixe e Rodri Veigas foron os encargados de pechar a festa cunha sesión que comezou ás 02.15 e que remataou ás 04.00 horas.

“Para Maneiro Redondela e o seu segundo lugar de nacemento, despois do incidente de fai dous anos, e sempre será ben recibido”, Rita Pérez.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará