Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As actividades de ecoturimos estrean en setembro a orientaventura en bicicleta no Chan das Pipas

Enseada-Isla-de-San-Simon-NOITE

Logo do éxito da programación de xullo e agosto, as concellerías de Turismo, Sostibilidade e Medio Ambiente continúan coas actividades que se realizan sempre con guía e contan cunha ampla proposta de roteiros e actividades a pé, en bicicleta ou en caiac centradas no ecoturismo e a educación ambiental.

A programación de setembro inclúe de novo rutas guiadas nocturnas. Nesta ocasión serán aos ríos Pexegueiro, Fondón e Maceiras. Entre as novidades deste mes destaca unha actividade de Orientaventura en bicicleta no Chan das Pipas, o día 21 de setembro.

Para participar é preciso facer a inscrición previa na oficina de turismo, no teléfono 986 40 17 13 ou no enderezo electrónico turismo@redondela.gal.

A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez, destacou a “transversalidade” destas actividades “que apostan polo turismo ambiental, sostible e responsable con saídas para coñecer o espectacular patrimonio natural de Redondela”.  Pola súa banda, o concelleiro de Sostibilidade, Roberto Villar, sinalou que o obxectivo destas actividades é “poñer en valor os recursos naturais de Redondela e tamén concienciar á veciñanza e ás persoas que nos visitan da importancia de respectar estes espazos naturais e axudar a conservalos”.

PROGRAMACIÓN COMPLETA

Martes día 3 de setembro: Caiac ambiental pola Enseada de San Simón. 20€/persoa.

Venres día 6: Ruta nocturna polo río Pexegueiro. Natureza, muíños e lendas. De balde.

Sábado día 7: Ruta ambiental Punta de Cesantes – Soutoxuste. De balde.

Venres día 13: Ruta nocturna polo río Fondón. Natureza, muíños e lendas. De balde.

Sábado día 14: Caiac ambiental pola Portela. 20€/persoa.           

Sábado día 14: Ruta nocturna polo río Maceiras. Actividade ambiental. De balde.

Venres día 20: Ruta polo río Pexegueiro. Natureza, muíños e lendas. De balde.

Sábado día 21: Orientaventura en bicicleta no Chan das Pipas (Saxamonde). Con bici propia 5€/persoa. Con bici do Concello 8€/persoa.

Domingo día 29: Ruta en bicicleta e observación de aves na Portela. Con bici propia 5€/persoa. Con bici do concello 8€/persoa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará