Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Confraría de Redondela impulsa a venda directa de sardiña cun foodtruck da campaña “Galicia sabe a mar”  

cofradia-qn6lbk9h3fvzixl7w69avuat3n2o3a36a6e3v7qw7c

Logo de coller as rendas do pósito hai dous meses despois de gañar cunha clara maioría as eleccións convocadas tras a dimisión do anterior dirixente, Nisi Otero, está a desenvolver diferentes iniciativas para paliar a complexa situación económica na que se atopa a Confraría de Pescadores “San Juan” de Redondela. Entre elas a campaña de ve venda directa de sardiña que terá lugar mañá na Lonxa do Porto de Cesantes entre as 9:00 horas e as 15:00 horas.

Para promocionar o consumo deste peixe, así como doutras especies, mañá asistirá á lonxa de Redondela unha foodtruck da campaña “Galicia sabe a mar”, que promove a Consellería do Mar, na que os asistentes poderán degustar de maneira gratuíta distintos petiscos elaborados con produto fresco da ría. En total serviranse catro variedades cunha coidada elaboración: croquetas de queixo con mousse de sardiñas con marmelada de pementos, espetada de choco encebollado con queixo de Ou Cebreiro, ameixas á tixola e mexillóns con salsa de algas. Os consumidores que acudan á lonxa para realizar as súas compras de sardiñas ou xoubas poderán probar exquisitas preparacións deste producto e mercalo fresco a un prezo medio nos últimos días entre 6 e 8 euros.

Situación económica da Confraría

O equipo de Nisi Otero – que conta con Fran Pereira como vicepatrón primeiro e Ana Sotelino como vicepatroa segunda – está afrontando  unha débeda avultada (da que prefire non dar datos concretos) que se foi acrecentando nos últimos catro anos e uns ingresos que “non foron os esperados”. Neste sentido indica que se reduciron notablemente debido primeiro polo parón do Covid e posteriormente pola menor produción do mar e o descenso no número de socios. Destes, preto dos 200 socios, máis da metade son mariscadores afectados pola elevada mortandade do marisco nos últimos meses que supuxo unha caída dos ingresos procedentes deste sector.  

Por todo isto, a Confraría puxo en marcha unha política de recorte de gastos e tenta incrementar as vendas coa promoción do produto. Por diante ten máis de dous anos ao fronte da confraría cunha directiva na que hai representantes de todo os sectores do mar: cerco, artes menores, marisqueo a flote e marisqueo a pé.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará