Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Pazos asume a recollida de lixo sen depender de intermediarios

457178441_823622903283800_4322385352145340827_n (1)

O Concello de Pazos de Borbén vén de informar aos veciños e veciñas que, a partir de agora, a recollida do lixo realizarase con medios propios do Concello. Deste xeito, buscan mellorar a calidade do servizo e xerar un aforro significativo para as arcas municipais , ao non depender de intermediarios para levar a cabo unha tarefa tan importante como a recollida do lixo.

Este servizo levaba anos nunha situación irregular que provocaba deficiencias na prestación que eran motivo de queixas constantes por parte da veciñanza . Unha vez recibido un camión de recollida de residuos  adquirido polo anterior goberno, o rexedor e o seu equipo tomaron a decisión e fixeron os trámites necesarios para prestar este servizo de maneira directa. A partir de agora a recollida de enseres ou calquera problema ou incidencia relacionada coa recollida do lixo podese comunicar ao Concello no  teléfono 986 49 70 35.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará