Hoxe é Venres 20 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rematada a renovación integral da Subida a Cidadelle en Chapela

Subida a Cidadelle

A alcaldesa Digna Rivas co concelleiro de Urbanismo, Antonio Cabaleiro na Subida a Cidadelle

O Concello de Redondela anuncia o remate dos traballos de reforma integral da estrada de Subida a Cidadelle en Chapela coa renovación dunha superficie duns 4.000 metros cadrados. Dende o goberno local avanzan que o proxecto para a segunda fase da Subida a Cidadelle xa está redactado para renovar un quilómetro máis de camiño, e as obras realizaranse ao longo deste mandato.

Os traballos consistiron na instalación de novas canalizacións para a rede de saneamento, de pluviais e tamén de abastecemento de auga. Ata o de agora a zona non tiña separadas as augas pluviais e residuais, polo que nos días de choivas as augas pluviais saturaban a rede de saneamento e provocaban incidencias e desbordamentos. Coa nova canalización “vanse evitar estes problemas e que haxa desbordamentos en época de chuvias”. Tamén se renovou todo o firme de asfaltado que estaba moi deteriorado. A obra realizada contou cun orzamento de 355.465 euros, financiados con fondos do Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra.

A alcaldesa avanzou que “o proxecto para a segunda fase da Subida a Cidadelle xa está redactado para renovar un quilómetro máis de camiño, e as obras realizaranse ao longo deste mandato”. Rivas explicou que, como no caso da primeira fase “trátase de obras moi complexas polas características desta vía, que ten unha gran pendente” e desde o goberno local “seguimos traballando para mellorar as comunicacións en Chapela.

Alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

A rexedora afirma que con esta reforma “o goberno local cumpre coa cidadanía e dá reposta ás necesidades de mobilidade e seguridade dos residentes desta zona”. Rivas lembra que a mellora da Subida a Cidadelle “é unha demanda da veciñanza desde hai máis de 20 anos, e cando cheguei á Alcaldía non existía ningún proxecto actualizado para a renovación integral deste camiño”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará