Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máctar Pásala gañadores do Torneo de Baloncesto 3×3

WhatsApp Image 2024-09-02 at 13.38.46 (5)

O Skatepark de Redondela acolleu, o sábado 31 de agosto,  o Torneo de Baloncesto 3×3 coa participación de 60 xogadores.  A cita foi organizada polo Concello de Redondela coa colaboración do Club de Baloncesto Redondela e contou cuns 14 participantes dos que saíron vitoriosos Máctar Pásala, gañadores do primeiro premio.

Os partidos disputáronse ao longo de todo día, desde as 10.00 ata as 21.00 horas, aproximadamente. O gañador foi Máctar Pásala que recibiron 300 euros en metálico, medalla de ouro e un trofeo conmemorativo; o segundo foi o equipo  “Vigo 3×3” que gañou 100 euros , así como a medalla de prata e o trofeo; de terceiros quedaron “Mondazos” premiados con medallas e trofeo e o cuarto posto foi para  “Vodka Juniors” premiados con medallas de recordo.

Dende a organización, Raúl Berdomás , explica que “a final foi á prórroga tras un triple que empatou o partido nos últimos segundos”. Na prórroga gaña o primeiro en facer dous puntos e, a pesar de adiantarse Vigo 3×3 cunha canasta dun punto, o equipo Máctar Pásala meteu un triple – por valor de dous puntos- que os levou á vitoria. Finalmente gañaron os favoritos, pero a emoción e a intriga estivo presente ata o último minuto.

O baloncesto 3×3 é unha modalidade do baloncesto que se xoga nunha soa canastra e con tres xogadores por equipo. Trátase dunha disciplina deportiva en constante crecemento e popularidade en todo o mundo, especialmente desde que se impulsaron as competicións oficiais internacionais, así como a súa inclusión nos Xogos Olímpicos.

O concelleiro de Deportes, Iván Valles, e Raúl Berdomás, Lucas Camiño, Pablo Domínguez e Iván Vilas foron os organizadores desta cita deportiva que consideran “todo un éxito” e pretenden poder continuar coa competición en anos vindeiros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará