Hoxe é Xoves 19 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior arranxa o acceso ao campo de fútbol Graciano Padín

DSC02244

O Goberno de Soutomaior investirá 55.000 euros para arranxar o acceso principal ao campo de fútbol municipal Graciano Padín, na parroquia de Soutomaior, así como para levar a cabo varias melloras na instalación deportiva. Nos vindeiros días tamén comezarán as obras de humanización na Praza da Aldea, en Arcade de Riba.

O alcalde, Manu Lourenzo, e o concelleiro de Obras, Pablo Garrido, achegáronse este mércores ao campo de fútbol para revisar o comezo dos traballos e coñecer sobre o terreo como será o novo acceso principal ao Graciano Padín.  O rexedor sinalou que “todos os arranxos e melloras que se van levar a cabo no campo de fútbol foron consensuados coa directiva do C.D. Soutomaior, co obxectivo de que o Goberno local cubra as principais necesidades e eivas do recinto directivo. Coa nova entrada ao ‘Graciano Padín’, o campo de fútbol da parroquia de Soutomaior deixará de estar no século pasado e pasará a ser un recinto deportivo do século XXI”.

Para lograr isto, o alcalde sinalou que “esta obra é posible grazas a que o Goberno local conseguiu unha subvención a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra. No que vai de ano xa conseguimos máis de millón e medio de euros en subvencións de diferentes institucións, grazas ao traballo do equipo de Goberno e das funcionarias municipais. Con estes fondos imos levar a cabo numerosos investimentos e obras no que queda de 2024 para mellorar o noso concello”.

Neste sentido, sinalou que “nos vindeiros días comezarán as obras de humanización na Praza da Aldea, en Arcade de Riba. Este é un novo paso na folla de ruta do Goberno de Soutomaior para construír un mellor municipio para os veciños e veciñas. Con traballo constante, conseguindo fondos e subvencións e cunha visión clara de cal ten que ser o Soutomaior do futuro, imos sacarlle todo o proveito ao inmenso potencial que ten o noso concello”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará