A Policía Local de Redondela actuou a pasada fin de semana en diferentes intervencións e dispositivos de tráfico nos que contabilizan 14 persoas detidas ou propostas para sanción.
Concretamente están investigados dous condutores por delitos contra a seguridade viaria por negarse a realizar as probas de alcohol, un condutor por un presunto delito contra a seguridade viaria por acabar cun resultado positivo de 1,30mg/l en sangue nas probas de aire aspirado realizadas. Tamén hai catro persoas propostas para sanción administrativa por acadar un resultado positivo nas probas de alcoholemia realizadas.
Por outra banda, seis persoas están propostas para sanción ante a subdelegación do goberno por portar na vía pública sustancias estupefacientes e dúas propostas para sanción ante a subdelegación do goberno por faltar ao respecto aos axentes. A maiores, un dos condutores sería proposto para sanción por circular co seu permiso caducado, ademais de facelo sen ITV e sen seguro en vigor.