O Centro Cultural Social Recreativo de Cabeiro saca a concurso a xestión e explotación da cafetería desta sociedade por un período de catro anos. Esta asociación parroquial conta con 150 socios e unhas instalacións adecuadas para todo tipo de actividades.
A directiva conta con 10 membros, dos que forma parte Amante Romero. Durante todo o ano realizan actividades coa colaboración do Concello de Redondela, entre as que podemos atopar Taichi e Memoria na aposta polo envellecemento activo a través de obradoiros enfocados ás novas tecnoloxías. Tamén contan con espazo para clases de pilates, ximnasia, baile moderno, gaita e pandeiretas. Durante todo o ano organizan diversos festivais no que destaca o do Entroido e o Magosto Popular. “Polo Centro Cultural pasa moitísima xente, veñen de parroquias próximas e incluso de fóra para achegarse as nosas actividades”, explica Romero.
A cafetería é unha parte moi importante do centro social da parroquia. Conta con instalacións axeitadas para ofrecer bebidas e pinchos, así como numerosas mesas e xogos de ocio. Tamén hai varias salas para poder acoller todas as actividades e un salón de 400 metros cadrados. “Non podemos ofertar comidas, porque non o permite a normativa hostaleira, pero si celebramos aniversarios e eventos”, sinalan dende a directiva.
Romero explica que están en constante mantemento e que fai pouco cambiaron o chan nalgunhas zonas polo seu deterioro. “Estamos pendentes de recibir unha axuda, denegada en varias ocasións, para mellorar o sistema de calefacción e as ventás que teñen xa 40 anos” e van perdendo capacidade para manter a calor dentro no inverno.
No caso de haber cambio de responsables na xestión da cafetería pola nova concesión, explica Romero, que se terá en conta e darase prioridade aos veciños e socios de Cabeiro. A cafetería continúa nestes momentos con normalidade cun horario de 14:00 horas a 00:00 horas de martes a venres, mentres que o sábado e domingo abre xa a partir dás 12:00 horas.
As bases da concesión pódense recoller chamando ao teléfono 649709202, ou ben enviando un correo a cccabeiro@hotmail.com, onde se enviará ás persoas interesadas o contrato que entrará en vigor o próximo 2025. Segundo os estatutos dan prioridade aos socios e veciños de Cabeiro, pero están abertos a calquera interesado en presentar unha proposta.
O próximo evento que están a organizar son as Festas do Pilar que terán lugar o 12 de outubro.