Hoxe é Luns 16 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

277 rapaces percorrerán as rúas de Redondela durante a IV Carreira Popular Infantil

car

Redondela acollerá o sábado 7 de setembro unha nova edición da celebración da Carreira Popular Infantil, organizada polo Concello e coa colaboración da Asociación deportiva C.A.R. Participan un total de 277 nenos e nenas das categorías Pitufo, nados no ano 2022, ata a Sub18, nados no ano 2007.

A distancia da carreira será de 50 metros para os máis pequenos até os 2.300 metros para os maiores. A partir das 19.00 horas comezarán as carreiras na rúa Alfonso XII. A meta estará situada na mesma rúa, fronte á Casa do Concello. O ano pasado chegaron a contar con máis de 230 participantes e este ano superaron as expectativas, achegándose xente dende  Porriño, Marín, Vigo, Bueu ou Pontevedra.

A directiva do Club de Atletismo de Redondela (CAR) explica que “haberá sorpresas, entre elas a entrega de bolsas con avituallamento pensada para cada idade con algunha lambonada e coma sempre a entrega de dorsais”. Ás categorías menores terán todos medalla de participación e os tres primeiros postos das categorías sub12 e sub18 recibirán un trofeo conmemorativo. Esperan que o tempo acompañe e podan desenvolver a xornada con normalidade. Haberá medallas para todos os participantes e animan á veciñanza a “converter as rúas de Redondal nunha gran festa do atletismo”. Do club redondelán participan 35 atletas, algo que dende a organización ven como “moi positivo, tendo en conta que só participan ata a categoría sub18  e moitos deles están de vacacións ou preparando a volta o colo. O que demostra a súa implicación”.

O Concelleiro de Deportes e Educación, Iván Valles, entende  que se trata dunha carreira popular “no que o máis importante é fomentar os valores do deporte e os hábitos de vida saudables entre a rapazada”.

O Club de Atletismo de Redondela comezou xa os adestramentos de cara á nova tempada e teñen como obxectivo “seguir crecendo”, polo que fan un chamamento aos interesados a formar parte desta escola de atletismo que conta con participación en competicións a niveis autonómico e nacional,  con resultados moi positivos e marcas que os fixeron subir ao podio en numerosas ocasións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará