O Campo de Santa Mariña acolle un fin de semana intenso co comezo da tempada en Preferente e o segundo partido de liga do equipo de División de Honra Xuvenil. O sábado ás 18:00 horas os xuvenís reciben ao Valmiñor e o primeiro equipo estrea a tempada contra o Portonovo ás 17:30 horas.
Dúas xornadas moi emocionantes que levan preparando con intensidade nos adestramentos e que dende a directiva miran con ilusión. Esta tempada afrontan cambios tanto no corpo técnico como na directiva e plantexan unha campaña de comunicación enfocada no amor pola nosa terra. “Isto vai de sentimento” é o lema do vídeo de presentación que compartiron recentemente e co que pretenden mostrar un paralelismo ou ligazón emotiva entre o CD Choco e o patrimonio cultural e natural de Redondela. O vídeo, feito por Xeili, Chao e Xian quere animar á afección e atraer socios a un club que non para de crecer e que conta con máis de 300 fichas e 15 equipos de case todas as categorías. A canteira non para de crecer e isto se reflexa como unha fortalece que demostrarán no campo esta fin de semana.
Agradecen a todos os colectivos e veciños de Redondela que participaron na creación desta peza audiovisual na que aparecen representadas as mariscadas, a Danza das Espazas e as nosas festas tradicionais. “O noso símbolo é un Choco, somos de Redondela e isto vai de sentimento. Queremos mostrar o orgullo polo noso”, sinalaba a Presidenta Virginia Ricón.
Entre os cambios máis salientables deste ano está a incorporación no corpo técnico do exxogafor do club Félix Rial (Vigo) e moi vinculado ás cores do Choco como adestrador do sénior e a Xeili Fervenza como secretaria e coordinadora de comunicación e redes sociais. A Plantilla mantense igual ao ano pasado e incorpóranse cinco xogadores do xuvenil. Eles son: Berni, Álex Figueroa, Gael, Bauti, Graña, Cortegoso, Yago, Lucas Chans, Xián, Marcos Torres, Caramés, Pachi, Christian, Hugo Vázquez, Ferre, Comis, Pardavila, Rubén Alonso, Chisco, Somo, Cano, Edigar e Jonás Caride.
Como obxectivo, conta Ricón, “sempre está a idea do ascenso e voltar a Terceira Federación, porque a ilusión nunca se perde. Sabemos que vai ser difícil, pero o ano pasado quedamos de terceiros en Preferente”. Este ano o formato de competición sufriu algunha variación, xa que o primeiro clasificado de cada grupo ascende directo, mentres que do 2º ao 5º (do grupo sur e norte) xogarán unha promoción cruzada de onde sairán outros dous ascensos.
Esta fin de semana hai unha cita choqueira e emocionante no Campo Municipal de Santa Mariña. O sábado ás 18:00 horas os xuvenís reciben ao Valmiñor e o primeiro equipo estrea a tempada contra o Portonovo SD ás 17:30 horas.