Hoxe é Venres 20 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o programa municipal de envellecemento activo con propostas para traballar corpo e mente

corpo e mente

A concellería de Maiores pon en marcha un ano máis os cursos dirixidos a persoas de máis de 55 anos. Os cursos, que son de balde, impartiranse nos multiúsos de Redondela e Chapela. O prazo de inscrición estará aberto ata o 13 de setembro e as clases comezarán o mércores día 18.

Baixo o título “Corpo e mente” os cursos teñen como obxectivo “mellorar a calidade de vida dos participantes a través de exercicios que promoven o benestar físico, mental e social”. A concelleira Pilar Martínez explica que esas actividade inclúen tanto exercicios de movemento “con exercicios físicos suaves de coordinación, equilibrio e estiramentos”, como tamén talleres de memoria “para reforzar a capacidade de atención e as funcións cognitivas en xeral”. Tamén se inclúen obradoiros de autocoidado e xestión emocional “co reforzo de recursos e habilidades para mellorar a autoestima e valoración persoal”.

No Multiúsos da Xunqueira impartiranse os mércores de 9.30 a 10.45 horas, e os venres haberá dous grupos, de 9.30 a 10.45 horas e outro de 11.00 a 12.15 horas. No Multiúsos do Piñeiral de Chapela será os xoves, cun grupo de 10.00 a 11.15 e outro de 11.30 a 12.45 horas. Os requisitos para poder participar é ser maior de 55 anos e estar empadroado en Redondela. A inscrición pode facerse no propio Concello de Redondela ou no departamento de Servizos Sociais de Chapela. Para máis información poden dirixirse ao teléfono 986 400 300 ou ao enderezo electrónico concello@redondela.gal.

Na segunda quincena de setembro abrirase tamén o prazo de inscrición para os cursos de Tai Chi, que comezarán a impartirse no mes de outubro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará