Hoxe é Venres 20 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cruce de reproches entre a Deputación e o Concello de Pazos polo arranxo da EP-2702

plataforma

As declaracións do presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, nas que insta ao Concello de Pazos de Borbén a asinar o convenio de mellora da estrada EP2702 Amoedo – Os Valos, non sentaron ben no concello de Pazos. O seu alcalde Luciano Otero fala de “cortina de fume” por parte da entidade provincial que busca “desviar a atención da falta de compromiso por parte da deputación con esta obra”.
Asegura Otero que o Concello leva semanas agardando a que a Deputación lle poña data á sinatura do Convenio, dende que a finais de xullo lle remitisen a documentación precisa para proceder a súa realización. “O Concello de Pazos de Borbén xa cumpriu coa súa parte, remitindo a documentación das cesións e expropiacións dos terreos e o documento contable que acredita que disposmos dos 40.000 € da parte que lle toca ao Concello, cando a Deputación nos diga asinamos e xa poden investir o millón de euros reservados para esta primeira fase” explicou.
Con todo, Luciano Otero critica que o convenio sirva só para arranxar un tramo de menos dun quilómetro “seguimos a esperar a que a Deputación se comprometa en firme a avanzar xa nos sete quilómetros restantes, algo ao que se nega”.
O alcalde tamén criticou as deficiencias detectadas neste Convenio xa que no mesmo inclúense terreos do termo municipal de Redondela. “Revisamos o proxecto porque nos resultou rechamante que o que tiña que aportar o Concello pasara dos menos de 15.000 € que incluía o borrador de Convenio do anterior goberno provincial aos máis de 40.000€ do actual”, explica o Alcalde, “que se inclúan no proxecto terreos de Redondela suscitou dúbidas legais nos servizos do Concello, e por iso lle solicitamos asistencia xurídica á Deputación, para que certifiquen que o Convenio que nos envían non ten tacha legal”.
Finalmente lamenta a falta de diálogo da Deputación cos veciños e veciñas que se organizaron na Plataforma pola Mellora da EP2702 para reclamar o arranxo desta vía xa que “malia telo solicitado en varias ocasións, a Deputación négase a recibir a un movemento veciñal que demanda unhas melloras máis que necesarias”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará