Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recorre ao taxi como alternativa á falta de transporte escolar

trnasporte

O goberno local confía en que este servizo comece a funcionar a vindeira semana logo de asinar un convenio co sector do taxi. O obxectivo do mesmo é dar resposta a un problema que afectaría a medio cento de rapaces e rapazas que, unha vez comezan a cursar bacharelato, deixan de ter garantido o transporte escolar por parte da Xunta de Galicia. Alumnado que non conta tampouco cun servizo de liña regular que lles permita desprazarse dende as parroquias aos institutos Pedro Floriani e Mediño nun horario que se adapte aos seus horarios lectivos.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lembra que o goberno local decide asumir este servizo “competencia exclusiva da Xunta” por responsabilidade e ante as dificultades de moitas familias para conciliar e levar aos seus fillos e fillas aos centros “sendo o único concello da provincia que pon en marcha un convenio destas características que permitirá que ningún neno de bacharelato, quede sen un transporte gratuíto ao seus respectivos Institutos”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

O obxectivo é que todos alumnos de bacharelato vivan na parroquia na que vivan e “aos que a Xunta non lles garante unha praza nos autobuses escolares” conten con este servizo de taxi o antes posible.

Rivas agradece ao sector da taxi a súa boa disponibilidade á hora de facilitar a sinatura dun convenio que se está ultimando e que depende tan só de determinar o número de alumnos que precisarían deste traslado “son cifras moi difíciles de concretar, estimamos que sobre 40 ou 50 alumnos de Floriani e o Mendiño”.

Digna Rivas traslada unha mensaxe de tranquilidade ás familias e asegura que “en cuestión de días comezará xa ese servizo de taxis de cuxo funcionamento se informará a todos os afectados e aos propios centros educativos”

Conclúe Rivas afirmando que ao tratarse dun servizo que é de competencia supramunicipal, desde o Concello continuarase en contacto coa Consellería de Ensino e coa Consellería de Mobilidade para dar solución ás necesidades do alumnado de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará