Marc Pedroso Bastos na categoría de 10 a 12 anos, Vera López e Amaya Couñago na categoría de 7 a 9 e Marco Saavedra entre os máis cativos, de 3 a 6 anos, foron os gañadores deste concurso que tiña como premio un vale de compra por valor de 100 euros.
O Multiúsos da Xunqueira, lugar no que se puido ver durante as últimas semanas os traballos presentados ao concurso, foi tamén o espazo elexido pola Asociación de Empresarios de Redondela para entregar os premios aos gañadores do concurso de banda deseñada que naceu co gallo das campañas de dinamización comercial que se desenvolveron no período que vai dende o día do Pai, pasando Pascua e o día da Nai ata o día da Familia.
Unhas historias protagonizadas por pais, nais, irmáns, avós, avoas e outros membros da familia que da man destes cativos e cativas se converteron en superheroes.