Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela inviste 120.000 euros no arranxo de camiños

subida a estación

As obras, que afectarán a viais do Viso, Reboreda, Cesantes, Vilar, Cedeira e o camiño Subida a Estación de Redondela, consistirán no acondicionamento e mellora do pavimento así como a limpeza das marxes.

A Concellería de Infraestruturas informa dos camiños que se verán beneficiados con estes investimentos e que se atopan en diferentes parroquias do concello. Concretamente as actuacións realizaranse no Camiño Fogueteiro en Quintela, Camiño Carreteira en O Viso, Camiño Estrada da Quintana en Reboreda, Camiño Lugar de Vaqueiro de Cesantes, Camiño Subida á Estación (Redondela), Camiño do Cusqueiro en Vilar de Infesta, Camiño Coto do Coello en Cedeira e Baixada da Rúa Campo de Fútbol á Rúa Pedro Floriani en Cesantes

As actuacións previstas son o fresado de pavimentos, limpeza de marxes, varrido da superficie a pavimentar, posta de tapas de pozos e arquetas de rexistro e recheos de zahorra compactada. O orzamento para o acondicionamento dos camiños ascende a máis de 120.000 euros. Estas actuacións comenzarán unha vez teña o concello os permisos correspondentes da Deputación de Pontevedra, xa que son camiños que necesitan autorizacións doutras administracións e suporán mellorar a mobilidade da veciñanza en varias parroquias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará