Hoxe é Martes 3 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tralos pasos de Valle Inclán por Redondela e Soutomaior

andaina

A I Andaina Popular Valle-Inclán que se celebra o vindeiro día 15 colgou o cartel de completo ao cubrir as 160 prazas ofertadas en cuestión de días. Un éxito que fai aventurar que esta proposta cultural, paisaxísticas e etnográfica, iniciativa dos colectivos culturais de ambos municipios, continuará celebrándose en vindeiras edicións. A saída do domingo levará aos participantes a percorrer os 12 kilómetros que separan o Pazo da Reboraina do Castelo de Soutomaior.

Esta ruta de sendeirismo con transfondo literario dedicada a Ramón María del Valle-Inclán nace coa idea de levar a cabo unha actividade común entre colectivos dos dous concellos para poñer en valor o patrimonio cultural, etnográfico e natural lembrando o percorrido realizado polo famoso dramaturgo, poeta e novelista galego o 29 de agosto de 1895 con motivo dunha tertulia no Pazo da Reboraina. Valle-Inclán, que daquela tiña 28 anos, fixo o traxecto a pé entre Soutomaior e Reboreda acompañado de varias figuras destacadas do ámbito cultural, social e político da época.

Bruno Rodríguez da Asociación Pozovello é un dos promotores da iniciativa

As comunidades montes de o Viso, Arcade de Riba, Moreira e Ventosela, as asociacións veciñais Pozovello e Sociedade Cultural do Viso, a Asociación A Miñoteira, Alén Nós, Irmandiñas e a parroquia de Reboreda uniron forzas en colaboracións cos concellos de Soutomaior e Redondela e idearon este percorrido que se celebrará o vindeiro domingo con saída ás 9 da mañá e remate aproximado sobre a unha do mediodía, onde os participantes gozarán dun petisco nos xardíns do Castelo de Soutomaior. Durante o percorrido haberá ademais dúas pequenas paradas nas que se lembrará a figura de Valle Inclán e dos persoeiros que o acompañaban naquela xuntanza celebrara hai case 130 anos. Noutro punto haberá unha breve charla centrada na riqueza etnográfica existente na nosa contorna con referencias á Peneda ou os petróglifos de Ventosela.

Unha actividade atractiva que esgotou o número de prazas en cuestión de días polo que confían en que de cara ao futuro se poida repetir ou incluso ampliar con outras propostas de posta en valor da riqueza cultural existente en ambos concellos. Como ideas apunta Bruno Rodríguez a posibilidade dunha ruta ida e volta ou unha ruta nocturna.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará