Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP denuncia a perda do concello dunha subvención da Xunta para o Obradoiro de Garantía Xuvenil

2023021523340839255

As axudas perdidas polo concello estaban destinadas á realización de programas de emprego dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil de Galicia.A contía ascendía a 438.603€.

Dende o PP de Redondela lamentan esta grave perda xa que son programas que “combinan a formación e o emprego e permiten mellorar a empregabilidade e cualificación profesional das persoas participantes, neste caso mozos desempregados menores de 30 anos, para facilitar así a súa inserción no mercado laboral”. Con esta finalidade, estas iniciativas coordinan a formación teórica coa realización dun traballo efectivo durante un ano no que o alumnado accede a un contrato e a un salario laboral.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará