Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela anuncia 90 prazas de balde para un Campamento dixital dirixido á rapazada

hd

A Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela, que xestiona Antonio Cabaleiro, desenvolverá durante os meses de outubro a decembro, nas Aulas CeMIT de Redondela e Chapela, cursos totalmente de balde dirixidos a nenos e nenas de 9 a 17 anos onde abarcarán competencias dixitais.

O programa “Campamento Dixital” pode considerarse unha actividad extraescolar, xa que abarca sesións de 30 horas de formación gratuíta e actividades complementarias online guiadas polas tardes. A aprendizaxe está exposto como un xogo a través dunha aventura interactiva, na que deberán completar etapas e cumprir misións para conseguir logros. Para estes cursos ofértanse en diferentes horarios mais de 90 prazas para diferentes cursos e horarios na aula de Redondela e na de Chapela.

As instancias para participar nos cursos pódense recoller na páxina web de Redondela (www.redondela.gal), no Centro de Formación A Marisma (á beira da piscina municipal) e no Multiusos da Xunqueira en Redondela. No caso de Chapela, pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais da parroquia. A presentación solicitudes e a documentación precisa farase nos rexistros habilitados do Concello de Redondela. A selección será por orde de inscrición. Posteriormente, ao alumnado con praza concedida chamaráselle por teléfono para confirmar a súa participación.

Esta é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia e o Alto Comisionado contra a Pobreza Infantil, financiado por Fondos Next Generation da Unión Europea.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará