O concello de Soutomaior repartiu de xeito gratuíto 1000 axendas para o alumnado dos centros educativos públicos do municipio. Deste xeito, o alcalde Manu Lourenzo e a concelleira Rosana Martínez Boullosa, repartiron para os máis cativos do concello 40 axendas na Galiña Azul de Soutomaior, 400 no CEIP Manuel Padín Truiteiro para o alumnado de primaria, 15 na Escola de Educación Infantil de Romariz e 500 no IES Soutomaior.
Unhas axendas que contan con dous deseños, un específico para infantil e primaria e outro, máis xuvenil, para o alumnado do Instituto. Estas contan con toda a información sobre os períodos vocacionais que o alumnado terá neste curso escolar, das celebracións e festexos locais e das conmemoracións máis destacadas, vencelladas co eido educativo, no que resta de ano e do 2025.
A volta ao cole comezou no Concello de Soutomaior con total normalidade coa matrícula de 355 alumnos no CEIP Manuel Padín Truiteiro, de 427 no IES de Soutomaior, de 30 na Galiña Azul e de 10 alumnos na Escola de Educación Infantil de Romariz.