Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

PP e PSOE únense na defensa do Luns do Cristo como Festivo local

luns do cristo

O luns do Cristo (28 de abril) e o Xoves da Coca (19 de xuño) volverán ser festivos locais no ano 2025. Así o aprobou a corporación municipal por maioría ao votar a favor de ambas as dúas datas os concelleiros de PSOE e PP. Unha vez máis as voces discordantes neste asunto foron as de BNG e AER quen se amosaron contrarios a manter a festividade do Luns do Cristo por entender que ten un carácter exclusivamente relixioso. Defendían pasar este festivo ao Martes de Entroido.

A corporación municipal aprobou os festivos locais para o 2025 e non hai novidade. Repiten o Xoves da Coca, que se celebrará o 19 de xuño e o Luns do Cristo que no vindeiro ano cae no 28 de abril. Esta última data volveu ser motivo de disputa xa que nin BNG nin AER están de acordo con manter este día como xornada de descanso oficial e defenden datas alternativas e de carácter pagán como o martes do Entroido ou o San Xoán.

Un punto recorrente todos os anos no que PSOE e PP van da man cunha maioría moi potente que impón o seu criterio de manter estes festivos. A popular Vanessa González argumentaba o seu apoio por tratarse dunha tradición moi arraigada en Redondela e por contar ademais co apoio da cidadanía “como amosaron as dúas enquisas realizadas no pasado a este respecto”.

Vanessa González, PP

Tamén o PSOE argumentou a defensa destas dúas datas avalándose na decisión que amosaron as enquisas populares e a súa voceira, Rita Pérez, volveu reiterar “que ao tratarse dun luns favorece aos traballadores de Redondela que contan así cunha fin de semana longa de descanso”.

Rita Pérez, PSOE

Non compartía esta opinión o seu socio de AER. Roberto Villar poñía en dúbida o resultado da enquisa feita anos atrás “cun partido político que se puxo na porta das Igrexas a recoller sinaturas”. Rebatía tamén que se mantivera esta data por “tradición, xa que as tradicións tamén poden mudar”.

Roberto Villar, AER

O BNG tamén se mostrou contrario a esta data por entender que “respectando  as manifestacións de carácter relixioso, o concello debe apostar por outro tipo de festividades”.

Xoán Carlos González, BNG
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará