O Multiúsos da Xunqueira acolle a partir do 30 de setembro sesións formativas orientadas a todas aquelas persoas que estean interesadas en emprender un negocio e que queiran coñecer que pasos se deben dar nese proceso. A actividade correrá a cargo da Fundación Formavigo e ten aberta a inscrición no teléfono 986 289657 ou no enderezo info@formaciónformavigo.com
As clases arrancan o día 30 de setembro en horario de 16:00 a 20:00 horas e repetiranse os luns e martes de outubro (1,7,8,14 e 15). O curso busca resolver todas as dúbidas que xorden á hora de poñer en marcha un proxecto de autoemprego como unha alternativa profesional.
Os asistentes aprenderán a desenvolver habilidades para identificar oportunidades de negocio e elaborar un plan de negocios básico con análises de mercado e proxeccións. Tamén se impartirán cuestións vinculadas cos aspectos legais, fiscais e administrativos relacionados coa creación dun negocio.
Outros aspectos que se abordarán nas clases son os relacionadas cos novos métodos de comunicación aprendendo a empregar eficazmente as redes sociais para promover un negocio así como as habilidades de mercadotecnia e vendas adaptadas a pequenos emprendementos.