Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

RMS despide etapa cun concerto no Brisa no que anuncian novo proxecto

WhatsApp Image 2024-09-19 at 15.58.25

O grupo redondelán RMS anuncia novidades e un concerto que se celebra hoxe no Brisa Chiringo na Praia de Cesantes ás 21:30h. Farán un repaso polos seus quince anos na escena con versións das bandas de rock máis populares para despedir a etapa de “covers” e dar paso a un proxecto con composicións propias e no que manterán o seu nome e esencia.

O concerto durará case tres horas, algo pouco habitual e no que aseguran “poñerán a todo o mundo a bailar e cantar para festexar a amizade e os anos que levan xuntos nos escenarios de toda Galicia e Portugal”, explica Carli da banda. Farán un parón de descanso e tamén organizan un sorteo para todos os asistentes.

“Será un concreto único e irrepetible”, Carli.

Comezaron no ano 2009 e levan nas súas costas máis de 300 concertos, polo que decidiron que é bo momento de dar a coñecer as súas propias composicións con letras en castelán e galego e para as que se inspiraron nos seus referentes musicais. O estilo seguirá sendo o rock, xa que levan perfeccionando o seu son durante moitos anos a través das covers e homenaxes que fan aos seus grupos favoritos.

“O nome nolo puxo o noso manager e son as iniciais dos nosos apelidos”, Carli.

Gardan moi bos recordos da súa experiencia e Carli sinala que, “a pesar de non quedar con ningún en especial, porque todos son diferentes, gardamos con cariño tocar xunto a bandas grandes como os Reincidentes”. O concerto mencionado foi no marco das Festas da Coca e o público era de milleiros de persoas.

“Cada concerto é diferente e ten a súa cousiña especial”, Carli.

 “Será unha noite especial, de despedida, de celebración de aniversario, e algunha grata sorpresa”, así anunciaban o concerto de hoxe nas súas redes sociais. Despiden etapa e farán un parón para centrarse na composición, polo que teremos que esperar como pronto ao verán de 2025 para escoitar as súas novidades e cancións orixinais.

A apertura de portas será ás 20. 00h horas no Brisa Chiringo e as entradas poden adquirirse directamente na billeteira do local. Animan a todo o mundo a achegarse e celebrar como se merece o fin dun ciclo e o comezo dunha nova era.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará