Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrancan as obras de urbanización do Salgueiral cun orzamento dun millón de euros

obras salgueiral

A obra, promovida polo Concello ascende a 982.719,40 €, dos cales a Deputación de Pontevedra achega 737.039,55 €. Contempla a reurbanización da rúa As Cardosas, rúa Salgueiral e a súa continuación pola rúa Ernestina Otero coa mellora das beirarrúas, a reorganización e incremento de espazos verdes así como a instalación dun escenario e unha fonte lúdica na zona sur. Para minimizar as posibles afeccións destas obras á circulación, recoméndase como alternativa para os non residentes o desvío dos vehículos pola praza de Ponteareas.

A reforma, que arranca hoxe luns, afectará a unha zona que abarca a rúa das Cardosas e a rúa do Salgueiral, dende a N-550 ata a rotonda baixo o viaduto vello, e busca mellorar e remodelar a zona co cambio das beirarrúas, aumentando a súa anchura e substituíndo o seu pavimento por lousas de granito así como modernizar o seu mobiliario e reorganizar os espazos aumentando a superficie verde.

A actuación proxecta tamén un escenario e unha fonte lúdica na zona sur – no espazo que actualmente xe se emprega como escenario durante a celebración do Festival de títeres- co obxecto de potenciar o uso da zona por parte da veciñanza.

Incorporarase tamén máis arborado asociado ao espazos verdes así como outras especies ornamentais que contribúan a crear un espazo máis amable e agradable, deséñanse novos pasos peonís elevados para incrementar a seguridade dos peóns e cámbianse as luminarias urbanas existentes por unhas máis eficientes “mellorando a iluminación do lugar reducindo o custe da mesma”.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, sinala que o obxectivo fundamental desta actuación é “a revitalización dun espazo público deteriorado e que é central na vida da vila”. As obras van permitir que esta céntrica zona de Redondela sexa “máis accesible para todas as persoas, dando prioridade aos peóns e facilitando os desprazamentos das persoas con mobilidade reducida”.

O goberno local xa celebrou o pasado 10 de setembro unha xuntanza informativa cos veciños da zona para trasladarlles toda a información relativa ás obras que comezan hoxe.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará