Hoxe é Luns 23 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mozas de División de Honra Prata da SAR comezan a tempada cun empate

461222169_1044071944394399_9012158476313356930_n

Foto de @albarp_photos

As mozas do equipo SAR Rodavigo comezaron a tempada en División de Honra Prata Feminino esta fin de semana fora da casa. Xogaron contra o BM Porriño e o resultado foi un empate a 23 goles.

O partido foi moi disputado durante o primeiro tempo, onde ningún equipo cedía no marcador. As da SAR chegaron ao descanso cunha mínima vantaxe sobre o seu rival (11-12, min 30). Ao comezo da segunda metade, a dinámica seguía sendo a dun partido moi axustado. As de Redondela foron sempre por diante no contador pero sen chegar a conseguir unha vantaxe maior a dous tantos (17-19, min 46). Cun par de boas accións, lograron colocar unha vantaxe de 3 goles (20-23, min 54), pero as imprecisións en ataque dos últimos 5 minutos condenaron o resultado e permitiron ao Balonmán Porriño igualar a contenda cun penalti a tempo parado.

A tempada anterior o equipo de Redondela lograra a permanencia antes do remate da liga e despediran a tempada con 21 puntos e nun meritorio oitavo posto na División de Honra Prata Feminina, categoría na que volven militar un ano máis. Queda moito por xogar e o empate contra o Porriño supón coller forzas para superar os seus obxectivos de escalar ao podio da táboa xeral.

Mentres, continúan as competicións da Copa Federación Primeira Autonómica e tanto o sénior da SAR como o BM Chapela conseguiron chegar ás semifinais. As mozas dos equipos sénior do municipio tamén están a participar na competición e a SAR xogou, polo momento o primeiro partido na casa contra o Bueu, resultando en vitoria. AS mozas do BM Chapela deburaton na copa cunha derrota ante o Tui.

En canto as Choqueiras sénior, tamén están a xogar a Copa Federación de Segunda Autonómica . O primeiro partido foi no Pavillón de Coia contra o Seis do Nadal cunha derrota ampla de 41 fronte a 21.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará