Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior busca acabar coas verteduras na rúa de Cochón

estado da rúa cochón

O Goberno de Soutomaior inicia esta semana as obras de arranxo da rede de abastacemento de auga da rúa de Cochón. A actual rede ten máis de 25 anos e desde o momento mesmo da súa instalación contou con numerosas problemáticas. De feito, só nos últimos dez anos esta rúa sufriu máis de 45 fugas e verteduras.

O alcalde, Manu Lourenzo, sinalou que esta obra súmase a outras moitas actuacións que o Goberno de Soutomaior está a acometer para dar arranxo ás importantes eivas coas que conta a rede municipal de saneamento e de separativas. Todas estas actuacións desenvólvense ao abeiro do Plan Ría Viva, un ambicioso proxecto para poñer fin ás verteduras á Ría de Vigo e arranxar unha rede de separativas que presenta numerosos problemas desde o momento mesmo da súa construción que se foron agravando ao longo das décadas pola falta de mantementos e unha correcta planificación. Esta mestura en numerosos puntos do seu entramado as augas pluviais e fecais, provoca verteduras contaminantes á ría de Vigo e a saturación da estación depuradora de Arcade, especialmente cando se producen episodios de choiva forte e abundante.

Lourenzo sinalou que “agora mesmo a situación da rede de saneamento supón un dos principais retos que ten o concello de Soutomaior por diante na vindeira década” e solicita ás diferentes administracións, como a Xunta de Galicia ou o Ministerio de Fomento, axuda para seguir avanzando no Plan Ría Viva. “É urxente poñerlle solución ao saneamento caótico que temos en Soutomaior desde hai décadas, e iso esixirá dos esforzos e achegas de todos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará