“Non no noso nome, en Redondela non nos cansamos” así de tallante amósase dende o Colectivo Redondela por Palestina, Beatriz Carrasco ao lembrar que o noso concello está a converterse nun referente de resistencia en Galicia, xa que é a única vila que continúa semanalmente saído á rúa para reclamar a fin dos bombardeos e esixir o alto o fogo, o fin do asedio á faixa de Gaza, a ruptura das relacións diplomáticas e comerciais co estado sionista e o recoñecemento do Estado Palestino.
Unha loita contra o xenocidio e a ocupación en Palestina que continúa luns tras luns dende hai meses co obxecto de “non normalizar” unha guerra inxusta. A cita segue a congregar todas as semanas a veciños e veciñas que se concentran na praza do Concello para amosar a súa repulsa polo que está a acontecer en Oriente próximo. Un conflito que lonxe de solucionarse vén de dar un paso máis tras a ofensiva de Israel contra o Líbano, con preto de 500 mortos que se suman os máis de 41.000 palestinos asasinados, a maioría civís, que morreron neste doce meses obxectivo do estado sionista. Unha ofensiva bélica que é “unha mostra máis das aspiración coloniais de Israel”.
Malia que son consciente de que estas protestas non chegan a esas instancias con poder para facer realidade as súas reivindicacións, a súa resistencia baséase na necesidade de non normalizar un conflito que está deixando milleiros de mortos, feridos e desprazados.
Con ese obxectivo súmanse tamén a folga convocada de cara ao vindeiro día 27, propoñendo non só o paro senón un par de actividades que se van desenvolver en Redondela na mañá do venres. Por unha banda ás 11:00 horas estarán nas inmediacións dos bancos BBVA e Santander para informar os e as consumidoras de cómo estas entidades se están a lucrar coa ocupación palestina.
A continuación celebrarán un faladoiro sobre Palestina que terá lugar ás doce do mediodía na Praza do Concello.